II Xornadas Gastroaccesibles de Lugo

A presentación terá lugar o mércores 29 de outubro ás 17:00 no Mercado Municipal Rúa Quiroga Ballesteros s/n

Por segundo ano consecutivo Lugo converterase na capital da accesibilidade gastronómica e libre de barreiras.

O obxectivo das Xornadas é promocionar Lugo como cidade receptora de turismo accesible, á vez que se conciencia á cidadanía das diferentes realidades alimentarias e da importancia de construír unha cidade para todos e todas.

Como novidade en 2014 levaranse a cabo Master Class de cociña impartidas por cociñeiros e cociñeiras profesionais coa supervisión de un experto en asesoramento dietético e nutricional de cada doenza.  Levaranse a cabo no IES San Xillao e coas seguintes datas:

  • Eva Rodríguez Díaz: 4 de novembro Dieta: Diabete,
  • Manuel Díaz Alvarez: 11 de novembro Dieta: Enfermidade Renal ,
  • Diego Martínez Martínez: 18 de novembro. Dieta: Celiaquía,
  • Ángel Ramón Campos López: 25 de novembro. Dieta Esclerose Múltiple e Lupus

 

 

Seguindo a estela de éxito do ano 2013 tamén se realizará o

Concurso de Tapas Gastroaccesibles. Que terá lugar do 1 ao 8 de decembro.

No cal participarán un total de 10 establecementos de hostalería libres de barreiras arquitectónicas.

Deja un comentario

Scroll al inicio