Premio da Sociedad Española de Reumatología ao Dr. Pego

Premio ao Dr José María Pego, do Hospital Meixoeiro de Vigo, por un artículo científico sobre a eficacia e seguridade dos inmunosupresores non biolóxicos no tratamento das manifestacións non renais do LES.

Os investigadores de Biocaps acumulan cinco premios no prazo dun mes

Diversos congresos e certames recoñecen ao traballo científico desenvolvido no marco do proxecto

A Sociedade Española de Reumatoloxía (SER) recoñeceu como mellor traballo sobre enfermidades reumáticas autoinmunes sistémicas de 2013 un artigo do investigador do IBIV e doutor no Hospital Meixoeiro José María Pego.
Durante esta 40ª edición do Congreso Anual de Sociedade Española de Reumatoloxía, celebrada en Santiago entre o 20 e o 23 de maio, fíxose entrega ás mellores publicacións en distintos campos relativos ás enfermidades reumatolóxicas.
O artigo premiado, publicado na revista do Colexio Americano de Reumatoloxía (Arthritis Care and Research), revisa a eficacia e seguridade dos inmunosupresores non biolóxicos no tratamento das manifestacións non renais do lupus eritematoso sistémico.
O investigador galardoado, integrado na área de Enfermidades infecciosas, inflamación e inmunidade de Biocaps, está a coordinar na actualidade a fase prospectiva do Rexistro de Pacientes con Lupus Eritematoso Sistémico da Sociedade Española de Reumatoloxía (RELESSER), o rexistro científico uninacional de afectados por lupus máis extenso de todo o mundo. O seu obxectivo é enriquecer de maneira determinante o coñecemento sobre esta enfermidade autoinmune, que afecta a unha de cada mil persoas en España –cunha incidencia que vai en aumento– e cuxa orixe aínda non se coñece con seguridade, polo que é fundamental profundar nas súas características para avanzar tanto no seu diagnóstico como no seu tratamento e a súa prevención.

Artículo publicado en DUVI.

Deja un comentario

Scroll al inicio