Elisa anda vagamundeando

Elisa Couto é socia de número de AGAL dende fai uns anos. Leva uns meses nunha viaxe polo mundo.

 

Coa maleta chea.

 

 Elisa é unha empresaria de éxito. É xoven pero érao aínda máis cando empezou no mundo da informática. Ela, que é avogada, e dous compañeiros con cadanseu ordenador crearon Dinahosting.  A empresa colleu bos tempos e o traballo empezou a dar frutos. Comezaron a contratar xente e agora teñen unha oficina envidiable, con todo tipo de facilidades para os empregados. Ata teñen servicios de masaxes, xogos de escalextrix, clases de pilates… Pero o que me leva a falar de ela non é só que sexa unha muller de éxito, á que lle debemos o hosting de AGAL, que a pesares de triunfar profesionalmente é unha persona humilde e xenerosa.

DSC06419-mod-1024x714

Elisa de safari en Botsuana.

O que quero contarvos é que a Elisa, que ten Lupus como moitos de nos, sempre lle gustou viaxar. Coller a mochila e marchar para coñecer xente e lugares diferentes.

DSC04797-mod-1024x807

 

Agora, ela e máis Xurxo Mariño,  están a dar a volta ao mundo!. Empezaron en outubro do ano pasado. A volta rematará este ano aínda que non van cun itinerario fixo, senon que improvisan un pouco sobre a marcha.

Os primeiros sitios estaban claros. Partiron de Santiago rumbo África: Cabo Verde, Kalahari, Sao Tomé.

DSC00216-mod-1024x680DSC07642-mod-1024x680

 

A viaxe que realizan como aventureiros queda rexistrada nunha páxina web creada por eles: Vagamundeando . Xurxo describe como científico todo o que ve, pero ademáis con ollos sorprendidos pola fermosura e o curiosa que pode ser a natureza. Ademáis é moi bo comunicador polo que e capaz de transmitir o interesante que é todo o que atopan.

DSC01990-mod-1024x737

Recomendovos que vos metades na páxina para que vexades a fermosura das noites estreladas do hemisferio sur, o colorido dos pobos sureños …

DSC08488-mod-1024x680DSC09851-mod-1024x680

quededes boquiabertos cando escoites aos San falar

DSC04170_mod1-1024x680

o como trona o Perito Moreno cando se desprenden bloques de xeo do tamaño dun edificio de 6 pisos, ou as xigantes pedras de sal en Atacama.

DSC01323_mod-1024x715

Pasear contemplando a Amazonia chea de color e aromas, arrescendos que non se olvidaran, ver ovos de tortugas eclosionando e como marchan, pequeniñas como son,  correndo cara o mar

DSC00277-mod-1024x680.

   DSC00295-mod-1024x608

 

 

 

 

En Brasil, concretamente na Amazonia e ante tanta grandiosidade Xurxo quedou sen palabras.

 

 

DSC01325-mod-1024x680

El Rio Amazonas a su encuentro con el Río Negro

 

 

Agora andan por a NASA mirando naves espaciáis e artiluxios modernos. A técnica máis avanzada que contrasta co mundo primitivo do comezo da viaxe.

DSC07942-mod

Van cunha equipaxe que poden subir na cabina do avión. É dicir as maletas son duns 10 kg. Destes so uns poucos son de roupa porque levan: ordenadores e disco duro extra, teléfono con satélite, prismáticos, cámara de fotos e as súas tarxetas, batería para cargar os aparatos… pero Elisa revela que na súa maleta hai moitas medicinas. «Polo momento non tiven problemas. Pero levo todas as prescripcións e prescipcións dos médicos, por se acaso».  Camiña moito, aínda que bañada en crema de protección solar.

Sorte e saúde. Olé Elisa!

Deja un comentario

Scroll al inicio