O último Plan Estratéxico sanitario de Vigo databa do ano 2006, e tan só afectaba ao ámbito hospitalario. Este proxecto EOXI VIGO incorporará tamén a voz dos pacientes e das súas asociacións que se reuniron o 20 de Xuño. Por parte de AGAL acudiu Leonor Gallego e tamén estiveron presentes Paca Luengo e Carmen López en representación de FEGEREC.

O CONSELLEIRO DE SANIDADE ANUNCIOU O PRIMEIRO PLAN ESTRATÉXICO DA EOXI DE VIGO O PASADO 30 DE XUÑO.
• Trátase dun proceso participativo no que as diferentes comisións de traballo definirán o papel, as características e as liñas de acción a nivel asistencial, docente e de investigación desta área sanitaria.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asistiu o 30 de Xuño, con motivo do primeiro aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro, á presentación aos seus profesionais de Atención Primaria e Hospitalaria, da Estratexia Sergas 2020.

O Plan estratéxico xeral do SERGAS 2020 ten como obxectivo mellorar a saúde dos pacientes a través da prestación de servizos sanitarios efectivos, eficientes e de calidade de forma equitativa, accesible e sostible, consolidando a innovación tanto tecnolóxica como na implantación de procesos integrados que garantan a continuidade asistencial.
Información aparecida na Sala de Comunicacións do Hospital Álvaro Cunqueiro
También en Faro de Vigo