Programa de Termalismo 2015

Se abre o prazo para inscribirse no Programa de Termalismo subvencionado pola Exma. Deputación de A Coruña . O prazo de inscrición ininiouse o día 1 de outubro e rematará o día 26 de outubro.

El Programa está dirixido a persoas residentes na provincia de A Coruña que teñan recoñecida a súa discapacidade de forma oficial e, como mínimo, cunha porcentaxe do 33 %.

terma minusv

Este ano, propoñémosvos dúas quendas diferentes.

Quenda 1: Terá lugar no Balneario Termas de Cuntis (Pontevedra)

11 ao 13 de decembro

Quenda 2: Terá lugar no balneario Augas Santas en Pantón, (Lugo)

18 ao 20 de decembro

triptico 1 Spa

 

tirptico 2 SpaAS PRAZAS SON LIMITADAS E A ADXUDICACIÓN FARASE POR ORDE DE INSCRICIÓN E PAGO. (o pago ten que efectuarse nun prazo de cinco días despois da confirmación de ter praza adxudicada, do contrario pásase a solicitude ao final da lista de espera)

 As persoas que non participaron o ano pasado terán preferencia.

 O custo é  dun total de 80€ por persoa/quenda. O resto cubrirase coa subvención da Deputación Provincial de A Coruña.

 No prezo está incluído:

 En Cuntis:

  • Aloxamento en cuarto dobre (a compartir)
  • Pensión completa – primeira comida a de mediodía o venres e última o almorzo do domingo.
  • 2 técnicas diarias de auga e 1 de parafango ou masaxe hidrojet (previamente pautadas polo equipo médico do Balneario de forma individual)
  • 2 horas diarias de acceso ao circuíto lúdico – termal Acquaform.

En Augas Santas:

  • Aloxamento en cuarto dobre (a compartir)
  • Pensión completa – primeira comida a cea do venres e última a comida de mediodía do domingo.
  • Unha sesión de dúas horas por día incluíndo catro técnicas (piscina activa, estufa húmida, pediluvio e ducha circular)

O transporte, ida e volta, será por conta da persoa participante.

Para o uso das instalacións termais, é obrigatorio o uso de chanclas, gorro e bañador. O albornoz o proporciona o propio balneario.

ACOMPAÑANTE  Neste Programa non imos dispoñer de monitores, polo que, as persoas que queiran inscribirse, deberán de ser persoas que teñan unha certa autonomía. Se algunha persoa ten dificultades importantes terá que levar un acompañante. Para persoas con dificultades menores o acompañante é opcional. O acompañante compartirá cuarto, terá que pagar o mesmo que a persoa participante, terá os mesmos dereitos e será o responsable da persoa acompañada en todo o que necesite.

CUARTO COMPARTIDO Recoméndase que as persoas que non leven acompañante organicen pola súa conta con quen compartiran habitación e o comuniquen. (A posibilidade de ter cuarto individual pagando un suplemento é moi limitada)

CUARTOS ADAPTADOS para persoas con mobilidade reducida ou usuarias de cadeira de rodas que indiquen a necesidade na ficha de inscrición. Serán asignados por orde de chegada das solicitudes (6 na quenda 1 e 4 na quenda 2)

 Unha vez que confirmemos a praza, disporase de 5 días naturais para efectuar o pago e enviar o comprobante correspondente (fed.cogamicoruna@cogami.es ou fax 981 10 50 61). No caso de non recibilo nese prazo, a praza pasará a ser ocupada por outra persoa que estea na lista de espera.

 
cogami balnearioTodas aquelas persoas que lles interese participar e teñan algunha dúbida deberán de poñerse en contacto con nós, ben a través deste correo electrónico ou no teléfono 981 57 46 98

Deja un comentario

Scroll al inicio