Qué é

DIAGNOSE

O lupus eritematoso sistémico non ten ningunha proba que sexa específica para establecer unha diagnose da enfermidade.

A diagnose do lupus baséase en tres aspectos fundamentais:

1.- Os síntomas que conta o doente.
2.- O exame físico.
3.- As análises de sangue e ouriños.

Nas análises de sangue e ouriños, o doente con lupus pode presentar algunhas anomalías que fan sospeitar a enfermidade. É frecuente que teña o número de leucocitos, linfocitos e plaquetas máis baixo do normal. Pero o achado máis específico é a aparición dos anticorpos nucleares.

Case o 100% dos doentes presentan anticorpos antinucleares. Ademais, existen outros anticorpos máis específicos do lupus cuxa presencia axuda a confirmar a diagnose, o anti-DNAds, anti-Sm e anti-RO.

TRATAMENTO

Non existe un único tratamento para controlar a enfermidade de feito, os que se utilizan son moi diferentes duns doentes a outros.

Aínda así existen uns que adoitan repetirse con bastante frecuencia: os antiinflamatorios, corticoides, antipalúdicos, inmunosupresores e fármacos biolóxicos.

Ademais disto, é adecuado levar unha vida sa en canto á alimentación e tentar expoñerse o menos posible ao sol.

CONSELLOS

O Lupus non ten un tratamento como tal pero existe a posibilidade de mellorar a calidade de vida levando uns hábitos máis saudables. Cambiar os costumes por outras máis sas pode axudar a que os brotes non aparezan.

Scroll ao inicio