
O pasado sábado, AGAL viviu unha xornada moi especial na Escola de Equitación Santo Cosme, nunha contorna marcada pola néboa que achegou un ambiente único a toda a experiencia.
Durante a actividade, as persoas asistentes puideron percorrer as instalacións, gozando dun paseo polo interior da hípica e coñecendo de cerca o día a día dos animais que viven nela. Ademais dos cabalos e póneis, tamén houbo ocasión de descubrir outros animais como patos, cabras e coellos.
Ao longo da xornada, o equipo da hípica foi explicando como viven os animais, os seus coidados e a súa contorna, permitindo ás persoas participantes achegarse dunha forma respectuosa e enriquecedora ao mundo animal.
Tamén houbo tempo para os paseos dacabalo e en pónei, converténdose nun dos momentos máis gozados do día, especialmente entre as familias. Esta actividade permitiu compartir momentos únicos en contacto coa natureza, fomentando a convivencia, a aprendizaxe e o goce en grupo.
Agradecemento e próximos encontros
Desde AGAL queremos agradecer especialmente á Escola de Equitación Santo Cosme por abrirnos as súas portas con tanta proximidade e dedicación, así como a todas as persoas socias que participaron na actividade.
Seguimos sumando experiencias que fortalecen a comunidade e crean espazos de encontro. Vémonos na próxima!
