
O vindeiro 30 de xaneiro ás 11:00 horas terá lugar no Centro Ágora a presentación do conto “Lúa fala do Lupus”, unha publicación da colección Os Bolechas que achega o lupus ao público infantil dun xeito didáctico e accesible.
O conto “Lúa fala do Lupus” forma parte da coñecida serie Os Bolechas e ten como obxectivo facilitar a comprensión do lupus desde idades temperás, contribuíndo á sensibilización social sobre esta enfermidade autoinmune. A través dunha linguaxe sinxela e de personaxes familiares para a infancia, o libro explica como conviven co lupus as persoas que o padecen, promovendo valores como a empatía, a inclusión e a normalización.
A publicación complétase cun caderno de actividades, concibido como material de apoio educativo, que permite traballar os contidos do conto de maneira práctica tanto no ámbito escolar como familiar.
Na presentación participarán Os Bolechas, protagonistas do conto, así como a clown Sempre Arriba, que acompañará o acto cunha proposta lúdica dirixida ao público infantil. O evento celebrarase con entrada gratuíta ata completar aforo.
Esta iniciativa enmárcase nas accións de divulgación e concienciación que impulsa a Asociación Galega de Lupus, co fin de dar visibilidade á enfermidade e achegar información adaptada a todos os públicos.
Desde a Asociación Galega de Lupus queremos agradecer o apoio e a colaboración da Consellería de Sanidade; da Consellería de Política Social e Igualdade; da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; do Colexio Oficial de Farmacéuticos d
