Reunión das asociación de pacientes da EOXI Vigo

O último Plan Estratéxico sanitario de Vigo databa do ano 2006, e tan só afectaba ao ámbito hospitalario. Este proxecto EOXI VIGO incorporará tamén a voz dos pacientes e das súas asociacións que se reuniron o 20 de Xuño. Por parte de AGAL acudiu Leonor Gallego  e tamén estiveron presentes Paca Luengo e Carmen López en representación de FEGEREC.

EOXI Vigo do 20 de xuño. Foto de grupo da reunión coas asociacións de pacientes.
EOXI Vigo do 20 de xuño. Foto de grupo da reunión coas asociacións de pacientes.

 

O CONSELLEIRO DE SANIDADE ANUNCIOU O PRIMEIRO PLAN ESTRATÉXICO DA EOXI DE VIGO O PASADO 30 DE XUÑO.

• Trátase dun proceso participativo no que as diferentes comisións de traballo definirán o papel, as características e as liñas de acción a nivel asistencial, docente e de investigación desta área sanitaria.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asistiu o 30 de Xuño, con motivo do primeiro aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro, á presentación aos seus profesionais de Atención Primaria e Hospitalaria, da Estratexia Sergas 2020.

Plan Eoxi Vigo do 30 de Xuño
Plan Eoxi Vigo do 30 de Xuño

O Plan estratéxico xeral do SERGAS 2020 ten como obxectivo mellorar a saúde dos pacientes a través da prestación de servizos sanitarios efectivos, eficientes e de calidade de forma equitativa, accesible e sostible, consolidando a innovación tanto tecnolóxica como na implantación de procesos integrados que garantan a continuidade asistencial.

 

Información aparecida na Sala de Comunicacións do Hospital Álvaro Cunqueiro 

También en Faro de Vigo

Deja un comentario

Scroll al inicio